Co- educación das emocións e dos sentimentos (formación)

Compartir:
Fecha:
19 de Octubre de 2019 - 19 de Octubre de 2019
Ubicación:
Santiago de Compostela

OBXECTIVOS:
- Sensibilizarse na necesidade de introducir e contemplar a perspectiva de xéneros nas accións diarias da práctica profesional.
- Tomar conciencia respecto dos valores individuais e grupais que fomenten un trato igualitario.
- Expresar as emocións e os sentimentos, de forma verbal, escrita, plástica e corporal.
- Regular as emocións e os sentimentos na dirección do benestar subxectivo e comunitario.
- Reflexionar respecto dos estereotipos e mandatos asociados aos diferentes xéneros.
- Asumir un posicionamento non sexista respecto da práctica profesional.
- Experimentar actividades e dinámicas de coeducación das emocións e dos sentimentos.

METODOLOXÍA:
Na xornada empregarase unha metodoloxía de carácter grupal, activa, dinámica e participativa, centrada na persoa e na asunción da súa propia responsabilidade para o fomento de aprendizaxes significativas.
A través da mobilización dos coñecementos do grupo ofrecerase a oportunidade de reflexionar sobre as diferentes crenzas, concepcións, prexuízos..., proporcionando situacións e exemplos motivadores e con sentido respecto da súa realidade e experiencias vitais que faciliten o cuestionamento sobre o pensamento e comportamento propios.
Potenciarase un ambiente integrador, de confort, confianza e respecto dentro do grupo, posibilitando e estimulando a expresión libre e honesta das opinións, emocións e
sentimentos, igual que a súa participación en todas as actividades que se leven a cabo.
DINAMIZA:
Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e DesenvolvementoHumano (EXDEHU) do ICE-USC.
Aixa Permuy Martínez, educadora social, pedagoga e investigadora do seminario EXDEHU do
ICE-USC.
Mª José Méndez Lois, coordinadora do seminario EXDEHU e Profa. da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

INSCRICIÓNS:
https://tinyurl.com/C0educacion
Ata o 15 de outubro
PREZO > 20€