Encontro de Centros Programa + Comunidade

Compartir:
Fecha:
23 de Junio de 2017 - 23 de Junio de 2017

No marco do Proxecto inserto no Plan Proxecta + COMUNIDADE, estamos organizando un encontro de Centros Educativos que participaron durante o curso 2016/17 desenvolvendo actividades en torno á Cultura da Sustentabilidade. O encontro desenvolverase no Auditorio Cordeiro de Valga (Pontevedra) e está organizado grazas á activa implicación do IES de Valga. O proxecto +COMUNIDADE forma parte da oferta do Plan Proxecta de innovación educativa, promovido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e está xestionado por InteRed Galicia e o Grupo SEPA-Interea da Universidade de Santiago de Compostela.